OS TRES PORQUIÑOS

En 1933, Walt Disney realizou este clásico do corto de animación. É unha fábula con animais personificados que nos transmiten ensinanzas tales como:

1. O traballo duro, o esforzo, serve para vivir con seguridade.
2. Como familia hai que axudarse uns aos outros nos momentos difíciles.
3. Empregar a intelixencia  permite solucionar problemas. O medo e a pereza non serven para afrontar a vida.

Nesta versión inclúese unha audiodescripción das imaxes, moi útil para persoas con falta de visión.

Comentarios