XOSÉ BALLESTEROS, escritor do conto popular portugués "O COELLIÑO BRANCO" cóntanos este libro publicado pola editorial Kalandraka.
Quen será tan valente para axudar ao coelliño branco? Seguro que ha de ser alguén moi forte, un animal grande que teña cornos, dentes ou pico afiados para defendelo. Se non coñecedes este conto, pronto será dos vosos favoritos.
A continuación, tedes a versión feita polo C.E.E. de Vilagarcía de Arousa.
De seguido, unha canción feita con este conto.
E, por último, unhas actividades LIM para facer online. Se non logrades abrilas é porque tedes que descargar o programa ADOBE FLASH PLAYER (haino gratuíto e de pago).
LECCIÓNS MORAIS ("moralejas")
AXUDA: O socorro vén de quen queira axudar.
INTELIXENCIA: Con intelixencia supérase calquera adversidade.
VALENTÍA: Ser valente é afrontar os perigos e as dificultades sen deixarse vencer polo medo. Ser grande e forte non é ser valente.
Comentarios
Publicar un comentario