CONTO: A ovella que chocou un ovo e... A vaca que se subiu a unha árbore

       

BEA,  mestra de Pedagoxía Terapéutica, compartiu con nós este conto escrito por GEMMA MERINO titulado A OVELLA QUE CHOCOU UN OVO. Onde se viu tal cousa!!! Quen choca os ovos? As ovellas? Non, claro que non. Que acontecería para que esta ovella chocara un ovo? 


Sabedes? Bea ten unha filla que se chama Alba e tamén se animou a contarnos un conto da mesma autora: A VACA QUE SE SUBIU A UNHA ÁRBORE. Agora, tocoulle á vaca!!!! Subirse nunha árbore? Esta vaca é ben rara, a que si?

       

Comentarios

  1. Estupendas contacontos, moi, moi ben. Podedes repetir, os nenos e nenas van pasalo moi ben. Parabéns¡¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario