ENCESTA CASTAÑAS: Nun tubo de papel hixiénico colgamos por baixo unha castaña. Decórase o tubo como se desexe e empeza o xogo. Quen logra meter a castaña por riba? Cantas veces?
LAPISEIRO: A base será a tapa dunha caixa de queixiños e o bote farémolo co tubo de papel hixiénico. Unha vez pintado ou forrado con papel, pegamos o tubo á base. Xa está listo para usar!!!
SOL: Coa outra parte da caixa de queixiños podemos pintala creando un sol con ollos saltóns feitos con dous tapóns.
Comentarios
Publicar un comentario