MOTRICIDADE FINA: Varios 1

QUE É A MOTRICIDADE FINA?

É a capacidade de executar movementos de precisión con control e destreza, por exemplo, usar unha tesoira ou un lapis de forma eficiente. No fondo, é a maneira como usamos os dedos, as mans e os brazos de forma coordenada para executar determinada actividade.


Aquí tedes algúns exemplos do que se pode facer:


Pinchar con palillos nunha bandexa sobre os puntos que debuxemos.




Recortar palliñas das que se empregan para sorber líquidos e logo, ensartalas en cordóns para facer colares e pulseiras.




COSER: Furar cartóns ou plásticos que logo, as crianzas empregarán para meter fíos de lá polos buracos. Para coser sen agullas é mellor poñer un pouco de cinta no extremo do fío e se usades agullas, que sexan de punta roma para evitar pinchazos desagradables.

Comentarios