XOGO CASEIRO: Dado con trazos


Para xogar só precisades un dado no que aparezan diferentes trazos en cada cara, un papel e algo para escribir. E, se queredes que sexa borrable, metede o folio dentro dunha funda plástica e empregade rotuladores normais para escribir por riba. Con auga e xabón limpade a superficie plástica e poderedes reescribir unha e outra vez ata que o trazo vos saia perfecto.

Comentarios