XOGO CASEIRO: Toca, toca, toca!!!

TOCA, TOCA, TOCA! Quen consegue tocar os números, as letras, as cores, os debuxos... en menos tempo? Aquí mídese a velocidade de reacción pero tamén podemos apreciar se recoñecen o que se lles pide.


MÓVETE CONNOSCO NA CASA é un proxecto que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia está a poñer en funcionamento realizando vídeos con actividades físicas deseñadas para ser desenvoltas na casa dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria. Con todo, algunhas, como a que aparece neste vídeo, son aplicables tamén a infantil.

Comentarios