Con esta experiencia observaremos o CICLO DAS PLANTAS.
PLANTAR LEGUMES: Poñemos un ou varios legumes (chícharos, garavanzos, lentellas, fabas...) nunha bolsa transparente con algodón húmido.
Colocamos a bolsa pegada a unha fiestra que reciba moita luz e regamos cando o algodón non estea húmido.
Rexistramos no calendario a data na que iniciamos a experiencia, o día que xermina e o tamaño do talo (1 vez por semana) Premendo na imaxe anterior pódese descargar o calendario mensual.
Comentarios
Publicar un comentario