Familia: Ana busca as letras


A nai de ANA vaille preguntando onde está unha letra entre varias que están escritas na pizarra dándolle unha pista, dicíndolle que empeza como o nome dun compañeiro ou compañeira da súa clase. E sabedes? ANA acerta todas!!!!


ANA é alumna de 4º de infantil (3 anos).


CONSELLO DA MESTRA:

Para que as nenas e os nenos asocien as letras co seu son é mellor dicirlle: "Onde está a letra que fala RRRRRR? No lugar de dicirlle o nome da letra, deste xeito se lle facilitará a lectura.


Un exemplo: En vez de explicarlles que REBECA se escribe con "erre, e, be, ce, a", dirémoslles REBECA escríbese con "RRRR EEEE BBBB EEEE CCCC AAAA" prolongando o son das letras.


Así pouco a pouco van descubrindo  a lectoescritura dun xeito intuitivo e case sen darse conta. De pronto, cando volvan ver outro R en ROSA, en RAMÓN ou en ROCÍO dirán RRRR OOO SSSS AAAA, e levarán a sorpresa de que di ROSA!!!! 


Comentarios