Música: Este olliño pimpilín


A mestra de infantil, MARÍA JOSÉ, comparte con nós unha canción moi sinxeliña para traballar as partes da cara: ollo, nariz, boca e queixo (non o de comer!!!)

Gozade moito cantando con ela!!! Acordádevos de devolver o queixo!!! Que hai quen o quere comeeeerrrrr...


ESTE OLLIÑO PIMPILÍN

Este olliño pimpilín,
este olliño pimpilán.
Este nariz narizán,
esta boca pide pan.
Este queixo non llo dá.
Arríncate cabalán!!!


Comentarios