Proceso de admisión do novo alumnado

Aquelas familias que desexen MATRICULAR por primeira vez a unha nena ou un neno no noso Centro Escolar, teñen de prazo do 11 ao 18 de maio de 2020 (ambos inclusive) para entregar as  SOLICITUDES  DE ADMISIÓN debidamente  cubertas  na  secretaría  do  Colexio.   Outra  opción  é  facer  os  trámites  de  xeito  telemático  seguindo  as  instrucións  da  web   https://edu.xunta.es/admisionalumnado


O noso colexio é un Centro de Ensino Público no que se imparten ensinanzas de 2º ciclo de  educación infantil (4º, 5º e 6º de infantil, comunmente coñecidos como 3, 4 e 5 anos) e toda a etapa de educación primaria (desde 1º a 6º).


Recordamos que, se  o neno ou a nena naceu no ano 2017, pode solicitarse praza para cursar 4º de infantil.


Para máis información, chamen ao teléfono do C.E.I.P. Plurilingüe A GÁNDARA:  982 870563.

Comentarios