Xogo: globos das emocións


As nosas emocións reflíctense nos nosos rostros e para que a cativada recoñeza eses sentimentos deberá fixarse, entre outras cousas, na cara das persoas. Este xogo consiste en debuxar nos globos caras que representen diferentes emocións.


Probade a facelo, xa veredes canto gozan  adiviñando a cara que vós debuxades, expresando cando se sinten así ou intentando imitala facendo xestos e diálogos segundo a cara que sexa.


Comentarios