Xogo: pedras de cores

Pintar é un pracer, por que non pintar as pedras? Si, como nos apeteza. Quen sabe que pode saír dalgunha delas?  Quizáis un bichiño? Ou sairá un monstro? Haberá que poñerse, non si?


Podemos pintalas de diferentes cores, como estas da imaxe.



Ou da mesma cor e logo, xogar a agrupalas.


Ou xogar a apilalas facendo equilibrios imposibles.


Animádevos e pintade. Seguro que quedan moi chulas.

Por certo, gustaríanos ver as vosas produccións, unha foto ou un vídeo para que todo o mundo vexa no blog o ben que o pasades en familia.


Comentarios