XOGO: Reloxo

"QUE HORA É?" Algo tan común para as persoas adultas como ver o reloxo e dicir a hora, hai que aprendelo. Con esta actividade as nenas e nenos poden practicar a poñer as agullas no lugar correcto segundo a hora marcada no reloxo inferior, ou ao revés. 


COMO SE FAI? Nun folio debuxamos a esfera cos números das horas e cos minutos tal como se ve na imaxe. Na parte inferior escribimos HORA e logo, dous rectángulos. Este folio métese dentro dunha funda plástica e cun par de rotuladores borrables (non permanentes) empezamos a xogar.


Comentarios