Familia: CARLA e as copas musicais

A familia de CARLA, alumna de 4º de infantil (3 anos), volve enviarnos un vídeo da súa filla. Nesta ocasión facendo soar unhas copas de auga tinguidas con cores alimenticios. É curioso escoitar como cada copa ten un son diferente só porque leva máis ou menos cantidade de líquido.


Este experimento musical propúxollo a profe PAULA que dá música a ALEJANDRO, irmán de CARLA.  Como se ía quedar ela sen probar e tocar as copas?


Familia, graciñas por compartir con todos nós este vídeo. Seguide traballando así!!!

Quen se  anima a facer o xogo das COPAS MUSICAIS?


Comentarios