Alucinade!!! Os debuxos poden cobrar vida!!! A que é incrible? Pois si, é posible.
A tenda de xoguetes online CEREBRITO PÉREZ ofrece, durante estes días de confinamento, de xeito gratuíto a aplicación MUNDO SUBMARINO. Trátase dunha APP de realidade aumentada para ver os nosos debuxos en 3D despois de telos pintado.
PASOS A SEGUIR:
DESCARGAR O CADERNO (pulsa en descargar e xa se abrirá).
IMPRIMIR os debuxos para COLOREAR ou pintar directamente na pantalla con algún programa como PAINT
DESCARGAR GRATUITAMENTE a aplicación no voso dispositivo.
Pinchar no botón JUGAR, enfocar o debuxo coloreado coa cámara do teléfono ou da tablet, darlle a BORRAR o peixe en branco e pulsar en COLOR para ver o peixe en 3D.
Comentarios
Publicar un comentario