Xogo: Os bolos con latas

Este é o típico xogo dos bolos pero, esta vez,  feito con latas de bebida ou de conserva.


Para que as latas/bolos queden máis vistosas poden pintarse o decorar a gusto. Aquí tedes unha lata cuns ollos esperando a pelota que a deite.




Os bolos hai que colocalos no chan, separarse deles a unha distancia que marquemos e logo, botarlles a pelota para tiralos. Cantos máis se tiren, mellor!!! 


Teremos que contar cantos caen. Tamén se pode anotar o número total dos caídos nunha pizarra e despois, na seguinte tirada, comparar: Caíu o mesmo número de bolos? Caíron máis que antes ou menos?


Como vedes é un xeito práctico de traballar a numeración.

De todos os xeitos, hai liberdade para xogar.

E se construímos unha torre coas latas e despois a botamos abaixo tirándolle a pelota? Por que non?  

Adiante!! A pasalo ben!!!




Comentarios