Xogo: Pompóns ao seu sitio


Ter CONCENTRACIÓN e controlar a ORIENTACIÓN ESPACIAL (arriba, abaixo, a un lado...)  é fundamental para o dominio da lectura e a escritura. Este xogo feito cun cartón e pompóns de cores desenvolve ambas cualidades, a concentración e o dominio do espazo.


Existen varios graos de dificultade que se ven con toda claridade neste vídeo. Hai que empezar aos poucos, sen querer apurar. Cada nena, cada neno ten o seu propio ritmo. E, recordade, se non o fai ben nun principio, non pasa nada!!! A volver intentalo! Dos erros é de onde máis aprendemos.


Algo tan sinxelo de facer non se pode deixar pasar. A xogar!!!


Comentarios