C.E.I.P. Plurilingüe A GÁNDARA, MONFORTE DE LEMOS. Curso 2019-2020
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Durante o mes de AGOSTO este blog quedará en pausa, confiamos que en SETEMBRO DO 2020 continúe enchéndose de contidos de utilidade para toda a comunidade escolar, en especial, para a etapa de EDUCACIÓN INFANTIL. Xa iremos vendo...
Pero, antes de despedirnos ata o vindeiro curso 2020-2021, queremos deixarvos un par de vídeos do pasado. Si, non son novos, xa foron montados nos anos 2016 e 2017.
Tempos nos que algún de nós (alumnado, familias ou persoal que traballamos na Gándara) aínda non estabamos neste cole, outros si, seguro que coñeceredes a máis de un/unha! Hai quen non está, tamén é bo acordarse desas persoas porque mentras as recordemos seguirán con nós.
Tempos nos que non había máscaras, nin distancia social.
Tempos nos que se declamaron os versos de Manuel María que falaba da nosa cidade: MONFORTE DE LEMOS.
Por último, deixámosvos con outro poema do mesmo autor, MANUEL MARÍA, musicado polo grupo FUXAN OS VENTOS que leva por título GALICIA.
Xa sabemos que o día de Galicia (25 de xullo) quedou atrás pero as súas palabras seguen sendo válidas todos os días, non só para ese festivo.
GALICIA SOMOS NÓS, A XENTE MÁIS A FALA. SE BUSCAS A GALICIA EN TI TÉS QUE ATOPALA.
O Colexio de Educación Infantil Plurilingüe A GÁNDARA está formado polas PERSOAS que nesas instalacións FALAMOS, CRECEMOS, TRABALLAMOS e APRENDEMOS XUNTAS.
Non sabemos que faremos no vindeiro curso, como se desenvolverán as cousas pero unha certeza si temos: UNINDO AS NOSAS FORZAS LOGRAREMOS SAÍR ADIANTE!!!
Permitide que collamos eses versos e os adaptemos ao noso cole:
Preciosos vídeos
ResponderEliminarIsto é unha mostra do bo traballo que se está a facer no cole desde hai anos.
Eliminar