Conto: O rei que lle tiña medo ás agullas


Non sempre os contos están escritos nos libros, ás veces, están na mente das persoas que os inventan ou son recordados e repetidos por alguén que antes o ouvira. 


O colectivo NOGA (Narración Oral Galega) comparte contos con nós.


CAXOTO "contáxianos" esta historia que trata dun rei que non quería que o pincharan para curarse dunha grave enfermidade. Vale a pena escoitala, dígovolo eu!!!



Comentarios