Como usar as tesoiras

 


RECORTAR  é unha acción complexa, implica moito control dos músculos das mans. Hai que centrar a atención e poñer especial coidado no que se está a facer porque as tesoiras son un obxecto perigoso. Con todo, dominar a técnica de recortado é un logro, un éxito que dá moita satisfacción ás nenas e aos nenos e que lles permite ter maior autonomía para elaborar manualidades.

A recortar apréndese practicando. As primeiras veces con moita supervisión, pero pouco a pouco adquírese a destreza e o dominio necesarios. 

AVISO ÁS FAMILIAS: Facilitádelle papeis, xornais, revistas vellas... para cortar porque cando lle collan o gusto, igual proban a recortar outras cousas que non quixerades que cortasen (pelo, roupa...). Non vos asustedes, iso pasa con moita frecuencia.


Comentarios