Continuamos co blog

GÁNDARA  QUEDA  NA  CASA é un blog realizado polo equipo educativo de EDUCACIÓN INFANTIL do Colexio de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe A GÁNDARA de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. 

Naceu en MARZO DE 2020 co confinamento forzoso nos fogares por causa do virus COVID-19. A escola debía continuar desde as casas e quixemos facer este blog para enchelo de contidos interesantes destinados ao alumnado de entre os 2 e 6 anos de idade. Cada familia aplicaría ás súas circunstancias e aos seus nenos e nenas aquelas actividades que considerasen oportunas.

Agora, en setembro, iniciamos un novo curso escolar e plantexámonos se continuar ou non con este blog. O certo é que en 5 meses de funcionamento (desde marzo a agosto do 2020) superamos as 15000 visitas, cousa que nos fai pensar que é de interese para a comunidade educativa e vendo que temos por diante un ano cheo de incertezas por culpa do CORONAVIRUS...

ESTE  EQUIPO  DECIDE  SEGUIR  CONSTRUÍNDO  ESTE  BLOG.

Comezamos con ganas de realizar un servicio útil e renovamos o aspecto do mesmo. Incluímos na parte superior pestañas que levan aos enlaces da web do noso colexio, ao blog da biblioteca gandaralemos, ás contas de facebook e instagram do centro escolar e a blogs que tamén se están montando no cole desde outros departamentos, tal é o caso de falamosnagandara.blogspot.com que amosa actividades de estimulación da linguaxe.

Quixemos facer un blog máis visual, por iso en canto se abre o blog vese o artigo máis recente en grande e os anteriores cunha imaxe e o título. Para ver o contido completo de calquer artigo só hai que premer sobre el e aparecerá nunha ventana nova.

Por último, dicirvos que nós tamén necesitamos do voso ánimo, saber a vosa opinión para facelo mellor,  escribide os comentarios naquelas actividades que vos gusten polo motivo que sexa. 

Graciñas.   Unindo forzas sairemos desta!!!


Comentarios