Xogo: As casiñas das vogais

 

Este recurso consta de 5 casiñas, unha para cada vogal, e 30 tarxetas con imaxes de diferentes elementos. Haberá que colocar cada tarxeta na súa casiña correspondente dependendo do SON  INICIAL que teña esa palabra.

Queredes facer este xogo? Pois podedes imprimir as casiñas e as tarxetas premendo na seguinte imaxe.



Patricia Fernández elaborou este xogo que aparece no seu blog miminipandi.blogspot.com

Comentarios