Xogo: Torre de cores ou JENGA

 

Queredes divertirvos en familia? Aquí tedes un xogo de mesa no que ademais dunhas risas, apréndese a ter que tomar decisións e asumir as consecuencias das mesmas e axuda a traballar a concentración e a paciencia.

Antes de dicirvos as regras do xogo propoñémosvos XOGAR  LIBREMENTE coas pezas. A continuación tedes unhas cantas ideas: 

  • Colocalas en línea formando figuras abertas ou pechadas.
  • Apilalas unhas enriba doutras para facer torres ou casas.
  • Poñelas de pé unhas tras outras e golpear a primeira para que caian as que están detrás.
  • Clasificalas xuntando as da mesma cor...


XOGAR Á JENGA:

JENGA  significa "construír" en suajili, lingua falada en certas zonas de África. Nun principio a JENGA estaba composta por pezas de madeira sen pintar pero agora xa se pode atopar o xogo coas pezas  de cores e un dado coas mesmas cores. 

COMO SE XOGA? Primeiro hai que armar unha TORRE montando 3 pezas xuntas a modo de base e logo, colocando outras tres enriba no sentido contrario. Móntanse todos os pisos da torre ata rematar  os bloques de madeira.

Cada persoa que participe no xogo deberá sacar, na súa quenda, unha peza do nivel inferior e colocala  na parte superior da torre empregando só dous dedos. A cor do dado indicará cal desas pezas debe retirar. A quen se lle derrumbe a torre ao sacar un bloque ou ao volvelo poñer, perderá e terá que construíla de novo para xogar outra vez.

Comentarios