XOGO: Garaxe de coches


Todos os coches necesitan aparcarse. 

Con cartón, cola e moita imaxinación podedes facer o GARAXE máis divertido que vos apeteza, colocándolle distintos pisos, rampas, ascensores, tuneis de lavado, gasolineiras ou enchufes para os novos vehículos eléctricos... 

Non hai excusa para xogar e divertirse empregando materiais de reciclaxe e toda a vosa creatividade. Animádevos e xa veredes o que pode saír de aí. Por certo, a nós, no cole, tamén nos gustaría ver os resultados, podedes enviarnos as imaxes e compartirémolas no noso blog.


Comentarios