Marcela, a inventora de palabras

 

O alumnado de 6º de PRIMARIA do noso colexio, guiados pola mestra MERCEDES, leen este conto para nós protagonizado  por MARCELA, unha nena que dicía as palabras á súa maneira. A mellor amiga de Marcela chamábaa "A INVENTORA DE PALABRAS". Pero, todo cambiou cando tivo que mudarse de cidade e os demais nenos e nenas da súa nova escola non pensaban o mesmo, ao contrario, molestábana e burlábanse dela ata que...

Este conto de SAVE THE CHILDREN chega ao corazón. Karina Yáñez, do colectivo Aletheia tamén nos conta a súa maneira o que lle aconteceu a Marcela.



Comentarios