Podemos practicar a RECOÑECER OS NÚMEROS con este xogo feito con cousas que temos a man.
Estes son os pasos para confeccionalo:
- Recollemos unhas cantas pedriñas xeitosas e a persoa adulta anota con rotulador permanente as grafías dos números que desexe traballar. Un número en cada pedra.
- Nunha bolsa de conxelación anotamos os mesmos números que aparecen nas pedras rodeados.
- Metemos na bolsa un pouco de xel de baño transparente e introducimos as pedras numeradas.
Xa temos o xogo preparado!!! Só queda deixar que as crianzas empuxen cos seus dedos as pedras cara o seu número correspondente. A xogar!!!!
Comentarios
Publicar un comentario