O INVERNO está aquí pero iso non implica que nos aburramos na casa. Podemos facer manualidades e utilizalas para decorar os cristais. O mellor de todo e que se poden quitar e volver poñer as veces que queiramos. 

Neste vídeo ensínannos dúas técnicas: a de recheo e a de fío. Os materiais empregados son a cola branca e o papel de parafina (o das bolsas dos cereais) que poden ser substituídos por silicona quente (que se bota con pistola) e por papel de forno, respectivamente.

Sabedes? Estes adornos péganse sobre os cristais, azulexos... simplemente humedecendo con auga as superficies ou, se queremos colgalos só é necesario furalos para engancharlle un fío.



Comentarios