Recordo da CORENTENA




 O grupo de 5º de infantil no 25 de xaneiro tivo que deixar de ir ao colexio por mor da COVID-19. Este é un pequeno recordo do que fixo o alumnado nos seus fogares durante os 15 días de CORENTENA. 

 Como veredes, non se aburriron. Estudaron moito repasando conceptos propios da súa idade, coloreando, debuxando, escribindo... e bailaron, fixeron viravoltas, botáronse crema hidratante polas pernas, entonaron cancións e tocaron a guitarra, xogaron cos aparcamentos de coches, co dominó, co parchís, conduciron na bici, leron contos, moldearon tartas de plastilina e ata cociñaron rosquillas e exprimiron laranxas. Foi un tempo ben aproveitado.

 Graciñas familias por compartir estas imaxes con nós!!!


Comentarios