PIP: corto animado


Pip é un cachorriño que ve unha "universidade para cans" e entusiásmase, desexa aprender. O problema é que non dá a talla para ingresar e logo atopa moitas dificultades para empregar os recursos e materiais de aprendizaxe que, outros cans "máis grandes" empregarán sen maiores inconvintes.

O corto animado remata cando Pip sae desconsolado tras suspender o exame final e, ao ver unha persoa cega en perigo, expontaneamente, corre a axudala. Este feito foi recoñecido pola Universidade que o premiou coa graduación. Finalmente, logrouno!!!

Henry Ford, fundador da cadea automovilista FORD, dixo:

"A vida é unha serie de experiencias, cada unha delas nos fai máis grandes, a pesar de que ás veces sexa difícil darse conta disto. O mundo foi construído para desenvolver o carácter e temos que aprender que os reveses e aflicións que soportamos axúdannos a seguir cara diante."


Comentarios